7 may. 2013

En xullo ponse en servizo a variante de Ortigueira

A Xunta avanzou esta mañá que a variante de Ortigueira poñerase en servizo no vindeiro mes de xullo. A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) achegou un importe económico de máis de 44 millóns de euros para a execución deste tramo de 8,4 km que une a estrada As Pontes – Ortigueira (AC-101) coa localidade de Espasante.Este treito beneficiará a máis de 6.550 habitantes do Concello de Ortigueira ao supoñer unha alternativa á elevada intensidade de tráfico da estrada Ferrol – San Cibrao (AC-862), ao seu paso polo núcleo ortegano. Esta vía tamén significará unha mellora na accesibilidade da zona norte da provincia da Coruña, ao reducir a máis da metade os percorridos pola AC-101, dirección As Pontes e nun 45% pola AC-862, cara a Ferrol. Tamén posibilitará evitar o paso polas travesías de Ortigueira e Cuíña, que suman mais de 3 quilómetros de lonxitude. Na actualidade, nesta infraestrutura viaria tan só están pendentes os traballos de adecuación da capa de rodadura e pintura. A Consellería de Medio Ambiente xa levou a cabo accións de escavación e desmonte, recheos e estendido de mestura bituminosa. No que se refire a estruturas, esta vía conta con tres enlaces: Ortigueira Sur (AC-110) (Ortigueira – As Pontes); Ortigueira Norte, conecta coa AC-862, no lugar de Barbós; e Espasante, que conecta coa AC-862 no lugar de Agromaior. Ademais dispón de dous viadutos, catro pasos superiores, dous pasos superiores de fauna e dous pasos inferiores. A variante de Ortigueira supón o cumprimento dos criterios que dende a Consellería de Medio Ambiente se está a establecer en materia de infraestruturas, co fin de dar prioridade as obras en curso, seguido da conservación da rede actual de estradas e melloras de seguridade viaria.

22 abr. 2013

Para manter o gasto, mais impostos

O orzamento do Concello de Cariño para este ano ascende a 3.223.556 millóns, cifra algo superior á do 2012. Un presuposto donde os gastos de persoal copan máis do 44 % do orzamento. Para sustentar os números de gasto aumentan os ingresos, con unha subida do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e a actualización das taxas de auga, lixo e rede de sumidoiros, e o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), aprobada en 2012 pero que comezará a aplicarse neste exercicio. A maior recadación prevista permitirá elevar os gastos correntes para unha mellor prestación de servizos, segundo reza a memoria redactada pola alcaldesa, Purificación Seixido.

Celebración do 25 Aniversario do Concello de Cariño

O próximo sábado 27 de Abril terá lugar a celebración do XXV Aniversario da Segregación do Concello de Cariño. Haberá actividades variadas dende pola mañá ata a noite, e cóntase para festexar esta data tan sinalada para tódos/as cariñeses/as coa participación e a colaboración de toda a veciñanza. Comezaremos ás 10.30 da mañá cun percorrido ciclista por tódalas parroquias do Concello. Tamén pola mañá, se o tempo o permite, haberá xogos para os máis pequenos na zona do paseo marítimo. Pola tarde teremos na Praza Roxa actuacións das distintas agrupacións musicais do Concello, que seguirán ata pola noite con concertos dos nosos grupos e música ata a madrugada.

Volta ciclista a Cariño

O próximo sábado 27 de abril, dentro da programación de actividades de celebración do 25 Aniversario como Concello, terá lugar un percorrido ciclista que levará a aquelas persoas que queiran participar por tódalas parroquias do noso municipio. A rota, que sairá ás 10.30 da mañá da Praza Roxa, irá percorrendo Cariño, A Pedra, Sismundi, Landoi, Feás, e tamén Figueiroa, para volver de novo ó punto de partida. Para participar é necesario cubrir a ficha de inscrición e entregala antes do 25 de abril na casa da cultura ou enviala debidamente asinada por correo electrónico a deportes@concellodecarino.com A inscripción é gratuíta e está aberta a todas aquelas persoas de 15 ou máis anos de idade (ou que os cumpran ó longo deste ano 2013). Para nenos e nenas haberá ó longo da mañá distintos xogos na zona do paseo marítimo.

Censo de vivendas ruinosas

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística en ás poboacións galegas con máis de 2.000 habitantes o posto número un con vivendas en estado malo, deficiente ou ruinoso ocúpao o concello de Carnota (co 34 por cento dos seus inmobles baleiros), seguida de Cedeira, Foz, Malpica de Bergantiños, Maside, Camariñas, Cariño, Celanova, Avión, Cee, San Cibrao dás Viñas ou Ortigueira. En total hai 37 concellos galegos de máis de 2.000 habitantes cun cuarto do seu parque de vivendas desocupado.

28 feb. 2013

Aniversario da segregación de Cariño

O vindeiro sábado 2 de marzo ás seis da tarde terá lugar no Auditorio Municipal o acto que a Agrupación Socialista de Cariño organiza para conmemorar o 25 aniversario da creación do Concello de Cariño.

8 feb. 2013

Os veciños protagonistas do Concello

O Concello de Cariño pretende regular a participación dos veciños a través dunha ordenanza, un texto que teran todos os grupos municipais para que realicen as súas achegas. Entre as medidas previstas, incorpora a creación dun conselo local, no que estean representadas todas as asociacións do municipio. Funcionará como un órgano consultivo, coa celebración de asembleas periódicas, para que vos cidadáns podan plantexar ás súas necesidades directamente ao goberno local. A ordenanza tamén estipulará un prazo máximo de contestación por parte do Concello ás peticións que formulen os veciños. Unha utopia na que soña a Alcaldia, e que esperemos sexa unha realidade en breve, é a participación directa dos veciños na elaboración dos presupostos municipais.

31 ene. 2013

O Concello pode perder o aval do centro de dia

O centro de día para maiores de Cariño xa foi entregado, pero a súa apertura está condicionada non só pola dotación do mobiliario senón por varias obras comúns coa residencia, como son a instalación eléctrica, o ascensor ou os sistemas de ventilación. O o investimento global superou os seis millóns de euros, financiados a través da Xunta (Agader), a Deputación e o Concello. A obra está finalizada, pero falta instalar o equipamento interior. Este centro comparte espacio coa residencia socioeducativa de anciáns, cuxa execución aínda non concluíu. A construtora entrou en concurso de acredores e os traballos acumulan xa un atraso de máis de tres anos. Queda pendente tanto concluír a parte do inmoble destinada a residencia como o pagamento da última certificación de obra emitida pola empresa adxudicataria. A anterior corporación que presidía José Luis Armada non abonou a última certificación pola dilación das obras. A construtora reclamou o pagamento de 128.000 euros, máis os intereses de demora, o que superaría os 200.000 euros. Pero ao final, a alcaldesa Purificación Seixido, chegou a un acordo cos administradores concursais e quedou en 109.073,61 euros. Ainda asi a situación e complicada. O Concello de Cariño está obrigado a abrir este ano o centro de día para maiores. Pola contra, tería que abonar os ao redor de 380.000 euros do aval depositado polo anterior goberno local, no ano 2009, para garantir a entrada en funcionamento deste servizo.